Taller “Orquesta Exploratoria”

_ dende a orquestra exploratoria convidámosvos  a explorar o noso entorno dende a orella, sutil detector / decodificador de variacións de presión que nos revela outros misterios e segredos descoñecidos para o voyeur..

 

WEB TALLER

dentro da programación Vasos Comunicantes/Vigo Transforma

++ Inscripcións (de balde)

++ Datas: 29 e 30 de Xuño

++ Horario: De 11:00h a 14:00 e de 15:30h a 18:30h

++ Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo

++ Imparten: Nacho Muñoz e Carlos Suarez (alg-a + escoitar.org)

Publicado en escoita, música espontánea, son + espazo público, taller | Deixar un comentario

Zarata Fest 2011

Zarata Fest 2011 Festival Underground de música rara. Sala L´MONO, Bilbao. 1/2 xullo

Pablo Orza da OMEGa estará por alí facendo unha proposta de solo coa guitarra eléctri-k.

 

Publicado en Mondo-impro | Deixar un comentario

AH UNHA nas Sesións Vibracionais


 

AH-UNHA,  mércores 15 xuño ás 21:30 na Sala NASA

AH UNHA es una propuesta de Pablo Rega para un nº indeterminado de músicos, nueve en esta ocasión, basada en sistemas de organización del material sonoro. En esta última sesión vibracional TPS en la Sala Nasa, los intérpretes tomarán las decisiones compositivas que crean oportunas, tratando de trabajar de forma muy concreta sobre el cómo, donde, cuando y cuanto de un material sonoro determinado y como éste se relaciona y afecta al resto de la pieza en cuestión.

 Se trata de un proyecto que procura nuevas formas de conducción sin recurrir al lenguaje gestual y a la figura del director en escena, poniendo el foco en la autogestión de los intérpretes a nivel individual y colectivo.

La propuesta defiende también un material sonoro muy determinado carente de semántica, componiendo conglomerados estáticos, sin melodía, definición armónica o ritmo en el sentido tradicional. El resultado entonces son complejos sonoros en sucesión temporal, una música realizada más con combinaciones de sonido puro que con motivos musicales.
AH-UNHA

Elena Vázquez Ledo. Violín.               
Xacobe Lamas. Violín.                
Mª José Pámpano. Viola.
Macarena Montesinos. Cello.                   
Fernando Abreu. Clarinete, Clarinete bajo.
Pablo Rega. Guitarra eléctrica.                
Xesús Valle. Computadora.                   
LAR Legido. Percusión.
Patxi Valera. Percusión.

Publicado en Sesións Vibracionais | Deixar un comentario

Mostra de Videocreación no 2º Festival Vibracional TPS

Como complemento á programación de eventos do festival presentamos unha escolma de traballos de recoñecidos creadores audiovisuais galegos. Videocreacións nas que a búsqueda de novos camiños de expresión na fusión da imaxe e do son constitúe o principal criterio de selección. O conxunto dos videos será proxectado en bucle durante todo o día do sábado 4 de xuño no auditorio da biblioteca da Cidade da Cultura.

Videos de Juan Pablo Etcheverry, Esteban Caamaño, Peque Varela, Enrique Otero, Lara Bacelo, Sardiña e Marcos Nine.

 

Publicado en 2º Festival Vibracional TPS | Deixar un comentario

Paolo Angeli & Germán Díaz no 2º Festival TPS

Conscientes de que o momento, o lugar e as persoas poden crear unha experiencia única e irrepetible a organización quere tamén facer unha proposta habitual neste tipo eventos: a cita a cegas. Neste caso dous grandes improvisadores de dilatada carreira que nunca antes tocaran xuntos, mais tamén dous músicos con instrumentos moi especiais de marcado sabor étnico/folklórico. Un encontro que ninguén debería perderse.

Paolo Angeli: Guitarra sarda preparada

Germán Díaz: Zanfona

Sábado 4 de xuño ás 19:15 h. na Cidade da Cultura de Galicia

Publicado en 2º Festival Vibracional TPS, Festival Vibracional TPS | Deixar un comentario

OMEGa no 2º Festival Vibracional TPS

O director emite unha linguaxe de sinais prefixada que os músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua, nos procesos de toma de decisións, na incertidume do intre e sobre todo, na capacidade para viaxar e sorprenderse coa variada riqueza tímbrica, sonora e dinámica do conxunto coma unha entidade orgánica.

 

OMEGa naceu dentro da programación das Sesións Vibracionais do TPS en marzo do 2007 na sala NASA de Compostela. Trátase dun proxecto colectivo integrado por vinte músicos galegos de moi diversa procedencia musical para traballar regularmente no eido da música improvisada baixo condución xestual.

Ás 21:00 h. o vindeiro sábado 4 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia

 

Publicado en 2º Festival Vibracional TPS, Festival Vibracional TPS, OMEGa | Deixar un comentario

Xesús Valle & Rui Costa no 2º Festival TPS

Na súa performance sonora o dúo Xesus Valle ( Computadora) & Rui Costa (Computadora) creará estructuras harmónicas e polirrítmicas a partires do xogo improvisado en distintas frecuencias e tempos, usando técnicas de síntesis granular.

Ocasionalmente percibiráse un que outro fragmento sonoro do mundo real, aínda que aquí todo será sometido a un proceso de abstracción e de formalización no que a realidade non é máis que o punto de partida para obter elementos acústicos primordiais que poidan ser moldeados según o gusto dos artistas.

Ás 13:30 h. na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro sábado 4 de xuño.

Publicado en 2º Festival Vibracional TPS, Festival Vibracional TPS | Deixar un comentario